Santiago: XXII Xornadas de Lingua e Literatura

Está aberto o prazo de matricula das XXII Xornadas de Lingua e Literatura. A actividade ten servido, ao longo dos derradeiros 22 anos, como lugar de intercambio de experiencias, de presentación de recursos ou como foro de debate dos principais problemas que afectan á docencia de Lingua e Literatura, sen esquecer nunca a problemática sociolingüística. As Xornadas terán lugar os próximos días 20 e 21 de abril na Facultade de Ciencias da Educación (Xoán XXIII, s/n) de Santiago de Compostela.

PROGRAMA

Venres 20
- 16:30 h. Entrega de material.
- 17:00 h. Inauguración.
- 17:00 h. Conferencia: Celso Emilio Ferreiro á luz dunha biografía. Ramón Nicolás Rodríguez, profesor e crítico literario.
- 18:30 h. Correlingua: O alumnado como protagonista dunha ferramenta normalizadora.
- 19:00 h. EL Producións artísticas, compañía de teatro residente no Tal-Teatro Arte Livre de Vigo. Representación da obra de teatro: Lorca e as flores de Venus, de Marga do Val.

Sábado 21
- De 10:00 a 11:00 h. Seminarios:
* A autora fala da súa obra. Olga Novo, escritora.
* O cartel como elemento normalizado. Pilar Ponte, profesora de lingua e literatura galegas.
* Proposta didáctica para traballarmos nas aulas coas SMS e outros soportes comunicativos. Estefanía Mosquera Castro, filóloga.
- De 11:15 a 12:15 h. Seminarios:
* O autor fala da súa obra. Miro Villar, escritor.
* Presenza das mulleres na literatura galega. Mercedes Queixas Zas, profesora de lingua e literatura galegas e crítica literaria.
- Proxecto Ríos de Lingua e Cultura. Iniciativa de recollida e divulgación de nomes populares asociados aos ríos. Virxinia Rodríguez Álvarez, presidenta de ADEGA, coordinadora do Proxecto Ríos.
- 12:30 h. Mesa redonda: Música e literatura. Xurxo Souto, Sés, Leo de Leo e Arremecaghona e Miguel Mosquera de Ataque Escampe.
- 13:30 h. Presentación do proxecto xornalístico Sermos Galiza. Presentación da rede socioeducativa Belvís.
- 16:00 h. Conferencia: Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética de Valentín Paz Andrade. Carlos Callón Torres e Paulo Filgueiras Fachal, profesores de lingua e literatura galegas.
- 17:30 h. O grupo de teatro da Sociedade Cultural MEDULIO (Ferrol) representa o espectáculo O mundo segundo Rosalía de Castro, como homenaxe e celebración dos 175 anos do nacemento da nosa escritora fundacional. Consiste na escenificación de poemas rosalianos pertencentes a Cantares Gallegos e Follas Novas. Este espectáculo demostra a potencialidade da poesía de Rosalía para a escena e a súa impresionante actualidade, alén de indicar camiños e suxestións para o profesorado e o alumnado achegarse a ela.

Matrícula:
- Socios/as da AS-PG e afiliados/as da CIG-Ensino: 15 €
- Desempregados/as: 36€
- Normal: 60€

Inscrición: Na páxina da AS-PG ou en CIG-Ensino, apartado de formación.

Homologación: Está solicitada a homologación á Consellería de Educación por 10 horas lectivas. Para a obtención do certificado será necesario acreditar unha asistencia de, cando menos, o 85% da totalidade da actividade.

Santiago: XXI Xornadas de Lingua e Literatura o 29 e 30 de abril

Está aberto o prazo para inscribirse nas XXI Xornadas de Lingua e Literatura, a celebrar o 29 e 30 de abril en Santiago de Compostela, e que pode realizarse nas páxinas da CIG-Ensino e/ou da AS-PG. Está solicitada a homologación destas Xornadas á Consellaría de Educación por 12 horas. Para a obtención do certificado será necesario acreditar unha asistencia de, cando menos, o 85% da totalidade da actividade. Deixamos aquí o programa:

Venres 29:
- 17:00 h. Debullando a Lois Pereiro. A vida, a imaxe e o son. Por Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Manu Clavijo.
- 19:00 h. Conferencia: Singularidade de Castelao na literatura galega. Por Manuel Rei Romeu.
- 20:00 h. O proxecto de Casa Museo para Manuel María. Pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Sábado 30:
- 10:00 Seminarios:
* Anxos Sumai: O autor fala da súa obra.
* Inma López Silva: O teatro interminábel. Ensinar en Secundaria empregando o teatro como ferramenta.
* Carlos Callón: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
* Dorinda Castro Soliño: 8×8=64 propostas para traballar o tema da muller nas aulas de lingua e literatura.
- 11:15 h. Seminarios:
* Suso de Toro: O autor fala da súa obra.
* María Xesús Sarmiento Macías, Carme Gómez e Serafín Alonso Pintos: Dar oídos. Escoitar na clase de lingua.
* Xavier Gómez Guinovart: Recursos de tecnoloxía lingüística para o galego.
* Roberto Pascual: Creación dunha escola de espectadores nos centros educativos.
* Valentim R. Fagim: Ops! O português simples.
- De 12:30 a 14:00 h. Debate: Situación actual e futuro da lingua galega, con Pilar García Negro, Henrique Monteagudo e Goretti Sanmartín Rei.
- 16:00 h. Rexina R. Vega: Conferencia: Bilingüísmo e creación literaria: a vía heterodoxa de Álvaro Cunqueiro.
- 17:00 h. Olga Patiño Abeixón e Luciano Fernández Martínez. Presentación: Redes sociais para a lingua e a literatura.
- 17:30 h. Francisco Rodríguez. Conferencia: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria.
- 18:30 h. María Lado e Lucía Aldao: Moita poesía e pouca diversión.