Malpica: actos arredor do XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, en homenaxe a Paco Souto

Vigo: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón AELG xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.

Cangas: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón AELG xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Wells (Praza do Arco), en Cangas de Morrazo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas.

Xosé Henrique Rivadulla Corcón: “A Costa da Morte non tería a súa maxia sen os escritores”

EntrevistaX. H. Rivadulla Corcón AELG a Xosé Henrique Rivadulla Corcón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Por que Moraime [Moraime, pequena vila do mar]?
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón (XHRC): De Moraime o único que ten é o título. A vila da que falo é un lugar ficticio. Ao buscar o nome veume este nome porque eu son de Muxía, e Moraime é un lugar emblemático para min, unha referencia na miña vida. Alí íamos de cativos a entrar nos hortas, coller o millo para asalo… é un sitio mítico e moi especial. (…)
– LVG: E sempre coa Costa da Morte de pano de fondo. ¿Sería vostede hoxe un escritor se non existise a Costa da Morte?
– XHRC: Penso que non. A miña orixe literaria parte claramente de Muxía. Hai un feito moi concreto que me marca como escritor. En 1975, cando tiña 13 anos, descubrín a Rosalía de Castro dun xeito consciente a través da música de Amancio Prada. E foi a través dun mariñeiro, Alejandro O Fundador, que trouxo unha casete ao grupo de amigos, lamentablemente el xa non está. Así empezou a miña necesidade de escribir. ¿Pero sabes que?
– LVG: Diga.
– XHRC: Aínda que é certo que moitos escritores e artistas non o serían sen a Costa da Morte, a Costa da Morte non sería o que é sen os artistas. A través desa literatura, e tamén escultura e pintura, esta zona non tería esa maxia tan especial sen os escritores e demais artistas. Para min en Galicia iso acontece con outras dúas zonas como son a Terra Cha e o Courel.”

A Coruña: O fillo da furia. 20 voces por Lois

OFilloDaFuriaLOIS-bannerO domingo 28 de febreiro, ás 12:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar O fillo da furia. 20 voces por Lois, homenaxe a Lois Pereiro, froito dunha colaboración entre AELG e o Concello da Coruña.
Coa participación de Alfredo Ferreiro, Álvaro Antelo, Ana Romaní, Antía Otero, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Iolanda Zúñiga, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mario Regueira, Miguel Mato, O Leo i Arremecághona, Ramiro Torres, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas, Xavier Seoane, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xulio Valcárcel e Yolanda Castaño.
Coa colaboración das actrices Manuela Varela e Sabela Hermida.
Produción: Xosé Manuel Pereiro, Mercedes Queixas e Lino Braxe.

OFilloDaFuriaLOIS-cartelOFilloDaFuriaLOIS-postal_002

X. H. Rivadulla Corcón presenta Moraime, pequena vila con mar

DesdeX. H. Rivadulla Corcón AELG o Diario Cultural da Radio Galega:
“O libro, publicado por Edicións Positivas, reúne as historias que o autor escribiu para o programa ‘Un día por diante’ da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.”