San Paio de Narla, Friol: Castronela. Revista oral nº 1

O sábado 31 de marzo de 2012, a partir das 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), terá lugar a presentación da revista oral de periodicidade anual Castronela. Nº 1, cunha duración aproximada de 1 hora e media, baixo a coordinación de Antonio Reigosa. Este é o sumario de contidos:

- Portada musical: Alén do teu recordo (letra: Marica Campo e Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’).
- Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla: Ao trope e ao paso (útiles de montar), por Mª Rosario Fernández González (10’).
- Música: A Rosiña do Estanqueiro (Parrafeo tradicional), por Mini e Mero (3’).
- Algo de literatura (I): Tres edificios (fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’).
- Música: Penélope (Letra: Xosé Mª Díaz Castro. Música: Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’).
- Algo de historia: O farmacéutico Julio Castro Ves en Friol, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
- Música: Aradiño (letra: Manuel María / Música: Antón Campelo), por Mini e Mero (3’).
- Algo de literatura (II): Tres edificios (fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’).
- Algo de tradición musical: Xota de Caroi, Muiñeira de Calvos e Mazurca de Lampai, polas Pandereiteiras do CPI Dr. López Suárez de Friol (10’).
- Friol na internet: O blog Friol. Algo máis que pan e queixo, por José Mª Carricoba Armesto e Blanca Castro Gerpe (10’).
- Música: Aquí (letra e música: X. L. Rivas Cruz), por Mini e Mero (3’).
- Algo de literatura (e III): Son de nácara, Volver sobre as cousas, Ir polo camiño e sentir e Mazinguer Z coroado de chorimas, poemas do libro Fornelos & Fornelos. Primeira Fundación, por Xerardo Quintiá (5’).
- Algo de memoria: Tiempo de ilusión. Tiempo de recuerdo, programa da serie Vivir cada día de TVE dirixida por J. Luis Rodríguez Puértolas, emitido o 28 de marzo de 1979. Protagonizado por varios nenos e nenas, a mestra e outras persoas de Friol (12’).
- Música: Canto de berce (tradicional), por Mini e Mero (3’).
- Opinión: Intervención do público (5’).
- Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’).
- Contraportada musical: Crime da Xestosa (tradicional, letra de Prado Lameiro), por Mini e Mero (3’).

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Insua dos Poetas: Xosé María Díaz Castro será o homenaxeado na III Festa da Palabra

O sábado 9 de xullo, ás 12:00 horas, na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarmás, no límite entre O Irixo e Carballiño), terá lugar a III Festa da Palabra, cunha homenaxe a Xosé María Díaz Castro. O mantedor do acto será Luciano Rodríguez Gómez.
O programa previsto para este día consistirá nun acto literario, no que intervirán estudosos da obra de Díaz Castro. Seguidamente, procederase ao recital, onde poetas lerán composicións propias e de Nimbos, e a inauguración da escultura de Xosé Cid, alegórica do poema Penélope, recollido na mencionada publicación. Tamén haberá un xantar literario, coma en edicións anteriores, no que os veciños das parroquias colindantes, compartirán palabras cos escritores e artistas da cultura.
A Insua dos Poetas comeza a súa andaina no ano 2009, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Libro, impulsado polo escritor e actual presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar, e apoiado pola escritora brasileira Nélida Piñon, o pintor Antón Lamazares e o escritor Manuel Rivas. Este espazo cultural, cedido polo poeta González Tosar, está situado nunha finca de hectáreas e sita no linde entre os Concellos do Irixo e O Carballiño. Pola súa banda a Fundación Insua dos Poetas está actualmente en trámite, nela participan desde institucións até escritores, e ten como finalidade establecer un diálogo creativo nun espazo aberto á natureza, así como tamén a defensa do medioambiente e a liberdade de expresión.
Crónica posterior en Galaxia, Galicia Hoxe, Xornal e La Voz de Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter